Unha brigada recupera as antigas fontes das aldeas do Carballiño
PATRIMONIO
A terceira fase dos traballos desenvolveráse ata o mes de setembro
A área municipal de Medio Rural, que coordina a concelleira Rosario González, prosigue o programa de mellora das fontes, lavadoiros e tanques nas aldeas das 15 parroquias do Carballiño, iniciado hai dous anos e que vai xa pola terceira fase. Este plan, que se promove a través dun programa de colaboración social co INEM, permitiu contratar o pasado ano a catro persoas, tres albaneis e un peón forestal, e a tres operarios forestais, dous peóns e un albanel, no presenta ano.
Segundo subliña a edil responsable deste departamento, "trátase de recuperar o medio rural e poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, centrado sobre todo naqueles elementos que son de uso común e que se atopan en peor estado". Deste xeito, dende o pasado mes de maio e ata o vindeiro setembro, que é o período de duración dos contratos, estánse a levar a cabo labores de limpeza, selado de gretas e roza da maleza da súa contorna e camiños.
Nos dous últimos anos limpáronse e arranxáronse medio cento de fontes, lavadoiros e tanques nun total de 28 localidades do municipio, e, nesta fase, Rosario González confía en conquerir acadar a rehabilitación doutros vinte elementos máis. No que vai de campaña neste 2018, a brigada realizou actuacións en fontes, lavadoiros e tanques nas aldeas de Banga, Sagra, Seoane, A Piteira, Longoseiros, Mudelos e Santa Uxía, e intervirase noutras tantas localidades ata o mes de setembro.
O traballo que se realiza permite descubrir incluso elementos do patrimonio etnográfico que estaban totalmente ocultos, como é o caso dunha vella mina en Costoia, que estaba soterrada dende había moitos anos, e que agora téntase recuperar para devolverlle a configuración que tiña a mediados do século pasado. En concreto, esta mina xa fora reformada no ano 1947, según figura nunha placa atopada baixo a terra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
Lo último
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua