Cabaleiros de Lalín percorreron os tramos da Ruta dos Arrieiros
A Asociación de Cabaleiros de Lalín programou un itinerario de 100 quilómetros e tres xornadas de duración entre as provincias de Pontevedra e Ourense, no que se incluiu en Carballiño o Camiño dos Arrieiros.
Un grupo de 30 xinetes da Asociación de Cabaleiros de Lalín fixeron onte parada e fonda na vila do Arenteiro no seu itinerario de 100 quilómetros por terras das comarcas de A Paradanta, O Ribeiro, Carballiño e O Deza.
Os participantes partiron ás 10 de mañá dende a localidade pontevedresa de A Cañiza ata chegar a Ribadavia, onde xantaron de confraternidade. A continuación, desplazaronse ata Leiro para logo continuar ata Gomariz e Cabanelas e percorrer os sendeiros do Camiño dos Arrieiros, que atravesa cinco parroquias da zona sur do Carballiño.
Axentes da Policía Local controlaron o tráfico no tramo de O Torrón, punto elexido polos cabaleiros para entrar na vila do Arenteiro ás oito do serán, onde cearon e durmiron antes de continuar hoxe o camiño ata O Tellado (O Irixo), Zobra e Lalín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último