Carballiño amplía a oferta turística co Museo do Papel
Rematada a musealización do edificio de Carballiño, só falta poñer a funcionar as instalacións exteriores
O Museo do Papel do Carballiño será un referente en Galicia polo seu modelo museístico audiovisual que permite coñecer aos visitantes, a través dun código QR e audioguías, o proceso de industrialización decimonónica da Galicia interior e desta comarca. No edificio guíase aos visitantes nunha viaxe no tempo ata a fábrica de papel do século XIX que realizaba o proceso de transformación a través do trapo.
O Concello do Carballiño adxudicou o proxecto de musealización da Fábrica de Papel “A Lavandeira” á empresa valenciana Ingeniería Interactiva del Ocio s.XXI S.L., sendo o arquitecto Manuel Gallego Jorreto o autor do proxecto de rehabilitación das instalacións.
No andar semisoto instalouse o taller de elaboración de follas de papel, con paneis explicativos de cada proceso; e no baixo hai tres zonas diferenciadas: a de encolado, onde irán aquelas follas de papel que recibirán tinta; a de brunido, onde o papel recibe outros tratamentos como o prensado e a de clasificación para o mercado. O primeiro andar está dedicado ao sequeiro e o resto da sala á exposición de documentos históricos.
Un auditorio para 40 persoas foi acondicionado no segundo andar, dotado de medios audiovisuais e informáticos relacionados con temas do mundo do papel.
Son máis de trinta paneis os que permiten aos visitantes coñecer todo o proceso de fabricación; ademais, poden verse exemplares do século XIX do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Outra das seccións protagonistas é a dedicada a persoeiros da fábrica e na que ten un papel relevante Valentín Fernández, que foi alcalde do Carballiño e creou a nivel galego a primeira feira municipal.
Ademais, cunha subvención de 150.000 euros da Unión Europea e nunha fase posterior, poñeranse en funcionamento os muíños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS EN VEHÍCULOS
Investigan el lanzamiento de piedras a coches desde un puente de la OU-504
DECIMOSEXTA EDICIÓN
Aspectos a tener en cuenta en el Rally do Lacón
URBANISMO Y MEJORAS
Carballiño avanza en su plan de mejora de limpieza de rúas
Lo último
DECLARACIONES POST PARTIDO
Dani Llácer, entrenador del Ourense CF: “Pusimos el modo superviviente”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 22 de marzo?