FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O Festival de Teatro Galego-FETEGA "Celso Parada" desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa 31ª edición co apoio da Xunta de Galicia e cunha carteleira dedicada integramente á escena do país, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas.
Os organizadores do certame, que incorpora a Carlos Ledo como director, presentaron hoxe en Ourense toda a programación, nun acto no que, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.
A Casa da Cultura e o Auditorio Municipal Manuel María acollerán as representacións de Clausura de amor, de Cámara Negra Teatro; Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández (os dous espectáculos coproducidos polo Centro Dramático Galego); O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; A que non podes dicir Coca-cola?, de AveLina Pérez; Technologies, de Pedro Brandariz; Sexo débil...o carallo!, de Arantxa Treus; Sempre o pensaches pero nunca o dixeches, de Diana Sieira; e Proxecto Literarias.
Estas propostas integran o programa de sala, que, xunto ás sesións de teatro de rúa a cargo da compañía Barafunda, foron seleccionadas entre as máis de 100 propostas recibidas para participar no certame.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último