FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Os cabalos foron os verdadeiros protagonistas de onte no Irixo, onde se celebrou a vixésimo terceira edición da Festa do Cabalo, que reuniu a centos de persoas na Carballeira do Tellado. A celebración arrancou xa pola mañá, cunha ruta a cabalo polo monte, que deu paso a un xantar popular na que non faltou polbo, pan, carne ó caldeiro, viño e moito bo humor.
Pero o groso da festa chegou pola tarde, cos tradicionais concursos ecuestres. A actividade arrancou ás cinco da tarde, co certame de andadura de menos de metro e medio. Media hora máis tarde, outro de andadura, pero na categoría de máis de metro e medio de altura. E ás seis e media foi a quenda do concurso de trote. Así, tras estes tres concursos celebrouse a entrega de premios, que arrancou arredor das sete e media e no que se repartiron tres trofeos, dotados con 75, 50 e 25 euros, ademais do prestixio e unha copa.
Esta é unha festa plenamente consolidada, que regresou o ano pasado despois de dous ausente por culpa do covid. Unha festa na que se deron cita monturas procedentes de moi distintos lugares e na que os produtores do municipio tiveron tamén un protagonismo especial.
Pero ademais de cabalos, tamén houbo espazo para outras actividades. No campo había varios artesáns amosando os seus traballos e unha sección moi popular con fotos antigas, consultada por todos os veciños, tanto pequenos como maiores, que pasaron unha xornada diferente compartindo a súa paixón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas