O Centro Social do Carballiño oferta actividades deportivas nas mañás do verán
Actividades de verán no Carballiño
O Centro Sociocomunitario do Carballiño abriu o prazo para apuntarse ás actividades físico deportivas que se desenvolverán durante o verán, “pois non queremos que o período estival sexa motivo para a inactividade”, sinala a dirección. Así, manterá as actividades en horario de mañá (por mor das altas temperaturas habituais polas tardes), contando de tarde cada día cos servizos de cafetería e prensa.
O pasado día 1 de xuño abriu a inscrición para os dous grupos de ioga e un de cachibol; e o día 5 comezou a quenda para apuntarse en ximnasia de mantemento, para a que se formarán dous grupos, e tamén para pilates. “Recordamos a todas as persoas interesadas en participar que as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición e que non hai ningún tipo de requisito nin preferencia”, conclúen desde a dirección do Centro Sociocomunitario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga