Charla sobre o proceso de dixitalización das empresas
A empresa Na Rede, en colaboración co Centro Comercial Aberto do Carballiño, impartirá unha charla gratuíta sobre o proceso de dixitalización e das axudas do Kit Dixital.
A actividade levarase a cabo no día de hoxe, na Casa da Cultura do Carballiño, ás 20,30 horas, para que poidan acudir o maior número de asistentes posibles. A duración será dunha hora aproximadamente.
Na charla abordarase a importancia da dixitalización para as empresas así como as posibles solucións para acadala, ao mesmo tempo que ofrecerase información a cerca da axuda europea Kit Dixital, a cal está financiada polos fondos Next Generation para empresas e autónomos, que poderán dispor dunha financiación do 100%.
A charla ten como obxectivo axudar, comunicar e visibilizar o cambio tecnolóxico que supón para os negocios tradicionais ou offlines que con esforzo se adaptan.
Desta maneira, aportaranse solucións de dixitalización que se poden adaptar a cada negocio; abordaranse as alternativas máis axeitadas para unha dixitalización sana e que xere posibles oportunidades y tamén solucións ou ferramentas que poidan axudar a automatizar procesos de dixitalización de documentación.Todas as persoas que estean interesadas en asistir poden inscribirse en https://www.narede.es/charlagratuíta/.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LUCHA CONTRA EL FUEGO
Los 20 bomberos búlgaros ya se forman en Toén
RENOVACIÓN EQUIPO DIRECTIVO
Habrá cambio de director en 28 centros educativos de Ourense
Fernando Ramos
Cuando el Festival del Miño conmovía a toda la ciudad en la calle