PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
OBRA NO AUDITORIO
O Concello do Carballiño acolleu onte pola mañá a presentación da nova obra de teatro do grupo de teatro de pais e nais da Universidade Laboral de Ourense, “Coa lingua fóra”, unha adaptación da obra “Made in Galiza” de Séchu Sende, e que se representará no auditorio Manuel María da vila do Arenteiro o vindeiro domingo, ás 19,00 horas.
O acto contou coa presenza do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e máis da directora da peza, Ánxeles Álvarez. Fernández lembrou en primeiro lugar a “gran traxectoria” do grupo de teatro da Universidade Laboral ourensá, que xa actuara no Carballiño co gallo do ciclo de Teatro Amador para axudar á Ucraína.
Do mesmo xeito, agradeceu que o grupo siga “vencellado” á vila, e fixo un chamamento “á veciñanza” para que se anime a ver a representación do domingo. Ademais aproveitou para lembrar que este “broche de ouro” para o mes de setembro, estará seguido polo Festival de Teatro Amador e outras obras do teatro profesional galego que aterrarán no Carballiño.
Pola súa banda, a directora teatral Ánxeles Álvarez agradeceu ao apoio do Concello e do público local nas obras que anteriormente representou o seu grupo teatral, “Os vellos non deben namorarse” e “As Marías”.
Álvarez quixo salientar que esta adaptación da obra de Sende, que “desgraciadamente non poderá estar presente durante a representación”, responde a unha forma de tratar a “problemática do galego” dende o humor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño
Lo último