O Concello reclama o pago da taxa do lixo en Arcos
Espazo Común afirma que o procedemento segue o seu curso, tal é así que os veciños xa comezaron a recibir cartas certificadas
Os veciños de Arcos avisaron ao grupo Espazo Común de que nestes días comezaron a recibir cartas certificadas do Concello do Carballiño urxindo a un pagamento dos recibos do lixo, que se acordou aprazar nun pleno.
Segundo afirma, o día 4 do pasado mes de outubro, nun salón de plenos ateigado de veciños da parroquia de Arcos, aprobouse por unanimidade a proposta feita por Espazo Común de paralizar o expediente de cobramento da taxa do lixo a estes veciños ata aclarar as circunstancias da cesión do seu monte comunal para un gran número de edificacións públicas.
Espazo Común afirma que o procedemento segue o seu curso, tal é así que os veciños xa comezaron a recibir cartas certificadas, emitidas con posterioridade ao pleno, onde se lles apremia ao pagamento dos derradeiros catro anos de lixo.
"Dende o grupo municipal de Espazo Común imos rexistrar un escrito para que o alcalde nos faga chegar ou leve ao vindeiro pleno copia do documento onde, cumprindo co acordo plenario, paraliza este expediente, aínda que temos a fundada sospeita de que non existe tal", sinala. Engade que "aprobar mocións de Espazo Común para sair do paso e despois non facer nada para executalas é xa unha perigosa rutina que denota pouco talante democrático e unha nula intención de estar aos problemas reais da veciñanza".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre