Unha conferencia inaugura o 150 aniversario de Antonio Palacios
Será impartida por Felipe Senén, mentres que o Concello ultima o resto da programación
O próximo 8 de xaneiro cúmprese o 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios e o Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co Concello do Carballiño, ten programado para ese día ás 20,30 horas, na Casa da Cultura, a conferencia “A Veracruz do Carballiño: testamento arquitectónico de Palacios”, que será impartida polo arqueólogo e museólogo carballiñés Felipe Senén.
O acto enmárcase dentro do programa que elabora o Concello co lema: “2024: Ano de Antonio Palacios”. Así, está a piques de finalizar na capital de España a exposición “Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo. Dibujos de arquitecturas externas a Madrid”, elaborada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid e a Fundación Arquitectura COAM coa colaboración do Concello de Madrid. Esta mostra poderá verse tamén na Coruña e Vigo.
A exposición conta cun catálogo no que Felipe Senén escribiu un artígo a propósito da simboloxía e significado da obra palaciana, específicamente, a obra desenvolvida en Galicia, cunha aportación concreta no que respecta ao Templo da Veracruz.Tamén inclúe un documental no que este templo é unha das pezas clave.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último