FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
A proxección do vídeo de recreación do xacemento castrexo de San Cibrán de Lás, “Lanóbriga. Unha cidade galaica”, así como as ponencias dos creadores deste proxecto audiovisual, Paco Boluda, Carlos Paz e Anxo Miján, do Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG), centrará unha boa parte da atención na tarde do sábado, 8 de outubro, durante a celebración do XII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas.
“Aplicacións das novas tecnoloxías na divulgación histórica e patrimonial no século XXI”, de Carlos Paz e Anxo Miján, autores do video recreación en 3D do castro de San Cibrán de Lás, e “Devolver o pasado a quen o habitou”, de Paco Boluda, director do proxecto, son os títulos das ponencias que ocuparán unha boa parte do espazo da tarde da segunda xornada deste encontro de investigadores que promove o Centro de Estudios Chamoso Lamas e que nesta duodécima edición pon o énfase na “Valorización e xestión do Patrimonio Cultural e Medioambiental”.
Previamente a estas ponencias, o arqueólogo Jorge Lamas disertará sobre o “Castro de Cameixa: pasado, presente e futuro”, un xacemento no que leva dirixido recentemente diversas excavacións con achádegos moi interesantes, e que complementará unha xornada de tarde adicada á cultura castrexa na comarca do Carballiño.
De aí que unha imaxe aérea deste castro figure no cartel do congreso, como unha chamada de atención á importancia dos vestixios arqueolóxicos nas terras da bisbarra carballiñesa.
A matrícula para asistir ao congreso, que é totalmente gratuita, segue aberta e pódese realizar na páxina web do Centro de Estudios Chamoso Lamas, cubrindo o boletín que figura nen “Congreso”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta