Curso formativo para coidadores de persoas con demencia en Carballiño
TALLERES
Este curso, que leva por lema "Xuntos nos coidamos", terá lugar o 18 e 25 de novembro,
A área municipal de Benestar, Igualdade e Saúde do Carballiño, que dirixe Marina Ortega, organiza un curso formativo para coidadores de persoas con demencia. Este curso, que leva por lema "Xuntos nos coidamos", terá lugar o 18 e 25 de novembro, de 16,00 a 20,00 horas, na Casa da Cultura.
Para inscribirse ou pedir máis información hai que facelo a través de Afaor (Agrupación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense), chamando ao teléfono 988-219292.
Os participantes recibirán ao finalizar o curso un certificado de asistencia para que o poidan incluir no seu curriculum.
Este curso será un complemento doutra iniciativa que desenvolve este departamento municipal, contando coa colaboración de Afaor, e que consiste nun taller mediante o que se ofrece terapia a enfermos e familiares ou coidadores de persoas con alzheimer.
Esta actividade, que conta cun total de 20 usuarios, ten lugar tódolos martes e xoves, de 10,00 a 13,00 horas, gracias a un convenio firmado entre os Servizos Sociais do Concello e entidade Afaor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima