8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
audiovisual
O Concello de Piñor proxecta a curta "Os xeranios do señor Alfonso", realizada polos alumnos do CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, centro educativo no que estudan tamén os rapaces de Piñor. Este traballo será presentado nun festival de cinema en Croacia, que se celebra desde o 12 ao 17 de setembro, e o que asistirán os alumnos, despois de ser seleccionados entre máis de 1.000 participantes po esta curta, que quedou finalista na categoría de animación.
Trátase da única representación española no festival no que participan 35 países, entre os que se atopan Estados Unidos, Irlanda, Dinamarca e Italia.
APOIO
Por este motivo, os responsables municipais sinalan que "o Concello de Piñor vai prestarlles todo o seu apoio e solicitamos a colaboración de todos os veciños e tamén das empresas, comercios, entre outros negocios, para poder sufragar os gastos desta viaxe".
A temática da curtametraxe é a comprensión, os coidados e o cariño como telón de fondo do despoboamento do rural, dúas xeracións que se atopan e que non se esquecerán xamais.
A proxección terá lugar o próximo venres, 4 de agosto, ás 20,00 horas, no Centro Social de Albarona, en Piñor. As autoridades locais invitan a asistir e tamén instan a prestar apoio aos alumnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán
MANIFESTACIÓN POR EL TERRITORIO
La protesta anual contra Ence toma el centro de Pontevedra y suma la petición por el archivo de Altri