A curtametraxe Etcétera, o cuarto traballo da productora do carballiñés Pachi Baranda
LR- Unha traxicomedia en 13 minutos. Iso é ‘Etcétera’, a última curtametraxe producida e dirixida polo carballiñés Pachi Baranda. Unha historia que foi rodada nunha fin de semana e aproveitando coma escenario a planchada dun edificio en construcción. ‘O pre suposto aproximado ascende a uns 4.000 euros, e dispomos dunha subvención da Consellería de Cultura’, sinala o productor. O equipo de realización confía en te-la montaxe disponible para a estrea en setembro e a súa posterior distribución en festivais.
Unha rodaxe cinematográfica non é doada, independentemente de que o soporte en cinta ou vídeo dixital sexa de longa ou curta duración. Por elo, o traballo desenvolto pola productora carballiñesa ‘Os Filmes da Píntega’ no tempo récord de tres días, a fin de levar á bo porto un guión de Pachi Baranda tivo un ritmo vertixinoso. E o resultado é a curtametraxe ‘Etcétera’, ‘que conta un momento no que se atopan dúas persoas descolgadas da sociedade, que simplemente non encaixan co patrón establecido’, comenta Baranda, tamén director desta pequena obra.
Unha ‘traxicomedia’ na que unha moza de vinte e poucos anos, vestida de noiva, chega a unha azotea co presunto obxectivo de tirarse ó valeiro. Pero no mesmo momento en que semella saltar, aparece por detrás dela outro xoven que impide que se tire e que ten o costume de rematar tódalas súas frases coa palabra ‘etcétera’. Eles son ‘Candela’ e ‘Sendeiro’, unhas personaxes ás que, respectivamente, dan vida Iria Sobrado e Xosé Pérez.
Equipo
‘Aproveitamos unha fin de semana para situa-lo escenario na planchada dun ático en construcción no Carballiño, para non interrumpir o traballo dos obreiros e tamén liberar á empresa que fai o edificio de responsabilidades’, sinala Pachi Baranda, xefe da productora e coordenador da montaxe posterior. ‘A curtametraxe está gravada nun soporte de vídeo de alta definición e con son Dolby SR, para unha duración de 13 minutos’. Pero detrás hai un equipo técnico integrado por outras cinco persoas para encargarse da fotografía, son, maquillaxe, montaxe e escenografía.
Todos eles tentan poñer a punto a cinta para poder levar a cabo a súa estrea no vindeiro mes de setembro. ‘Logo enviarémola curtametraxe a diferen tes festivais de Galicia e outras comunidades do Estado, para asegurar a súa distribución e, de paso, comproba-lo grao de aceptación de público e crítica’. Baranda engade que ‘se temos a sorte de recibir algún premio, moito mellor’.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere el conductor de un camión tras volcar el vehículo en Lugo
TERROMOTO EN COLOMBIA
Decretado el toque de queda en Cali y Pereira tras el terremoto de Colombia