Dano Cerebral Galicia ofrece un curso de apoio no fogar en Punxín
EVENTO
Dano Cerebral Galicia abriu o período de inscrición nunha nova edición do curso “Apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido”, unha discapacidade provocada, fundamentalmente, por ictus e traumatismos cranioencefálicos, que afecta a máis de 35.000 persoas en toda Galicia.
Este curso, que terá lugar no Concello de Punxín, será presencial e gratuíto, e está dirixido tanto a profesionais sociosanitarias dedicadas á atención e coidado como a familiares e coidadoras informais. Ten unha duración de dez horas que se van repartir o 25 de novembro (16,30 a 19,30), 4 de decembro (16,00 a 20,00) e día 9 do mesmo mes (16,30 a 19,30).
As persoas que completen o curso recibirán un certificado emitido pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), do Sergas. Colabora o Concello de Punxín e financia o Grupo Tragsa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere el conductor de un camión tras volcar el vehículo en Lugo
TERROMOTO EN COLOMBIA
Decretado el toque de queda en Cali y Pereira tras el terremoto de Colombia