A "Danza da Árbore" será ubicada cerca do Parque
carballiño
A escultura permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da Praza da Constitución, ata que a comezos deste século se retirou á espera dunha nova ubicación
A brigada municipal de obras do Carballiño procede estes días a construir a plataforma onde se vai ubicar a escultura denominada “Danza da Árbore”, do arquitecto Fernando Blanco, que fora retirada hai case vinte anos do seu emprazamento orixinal na Praza da Constitución, situada tras a Casa Consistorial.
Esta escultura, composta por un armazón de ferro, dous mástiles abrazados e dúas bandas metálicas circulares na copa, semellando a abstracción dunha árbore, construíuse nos anos 80 e permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da Praza da Constitución, ata que a comezos deste século reformouse dita praza e a escultura retirouse á espera dunha posible nova ubicación.
Co obxectivo de recuperar esta peza artística, o concello, a proposta do propio autor da obra, tomou en consideración a súa reconstrución nun lugar axeitado como é a esquina do terreo público situado fronte ao mirador dos chopos da Piscifactoría, á carón da subida ao Instituto Chamoso Lamas e Mesego desde a Avenida do Parque.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro