Díaz Castro será homenaxeado na Ínsua dos Poetas, en Madarnás
A banda de música do Carballiño, dirixida por Juan Soto, abrirá hoxe, ó mediodía, na Ínsua dos Poetas, na localidade carballiñesa de Madarnás, os actos programados en homenaxe ó poeta Xosé María Díaz Castro, na lembranza do 50 aniversario da publicación da súa obra 'Nimbos'. Neste espazo natural creado por Luis González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, procederase á inauguración dunha escultura deseñada por Xosé Cid baixo a denominación 'Nimbos de luz'.
A continuación, farase entrega dos galardóns 'Setestrelo 2011' a Avelino Muleiro, Arturo González Gil, Argimiro Marnotes Rodríguez, ó programa Galicia Hoxe, Manuel Gallego Jorreto, Antón Lamazares e Xesús Alonso Montero.
Tras unha lembranza de Díaz Castro a cargo do profesor Luciano Rodríguez, darase paso a un recital poético de Miro Villar, Fina Casalderrey, Luís González Tosar, Víctor Campio Pereira e Salvador García-Bodaño. A organización anunciou a presenza do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
GASTRONOMÍA Y PAISAJES DE ENCANTO
Cristina Pedroche, rendida ante un fuerte flechazo gallego: "Galicia me enamora muy fuertemente"