Os ecoloxistas trasladan á Fiscalía as obras da canceira
Unha auditoría da Xunta investiga posibles irregularidades no investimento de 300.000 euros
A asociación ecoloxista Matar por matar non trasladou nesta semana á Fiscalía xudicial toda a documentación relativa ó proxecto de acondicionamento da canceira municipal do Carballiño, ó considerar que non foi executado, e nembargantes si foi certificado en decembro de 2006 polas autoridades e os técnicos municipais, sinala Xulio Fernández, voceiro do colectivo.
A polémica xurdiu en marzo do ano pasado, cando representantes de Matar por matar non, Amigos da Terra e Adega, visitaron as instalacións do refuxio de animais ubicado no monte de A Medela e descubriron unha fosa con 80 cans mortos. Xulio Fernández apunta que, nesas datas, a canceira estaba nas mesmas condicións que en anos anteriores e non se fixera nela ningunha obra de reforma ou de mellora sanitaria, e desa irregularidade terá que responder o Concello carballiñés.
Na documentación entregada ó representante do Ministerio Fiscal figura a aprobación do proxecto de remodelación do recinto de cans en setembro de 2006, cun orzamento de 150.000 euros; no mes vindeiro acórdase unha ampliación deste a 250.000 euros e a introducción de melloras por valor de 48.000 euros, mentres a certificación de remate de obra é de decembro do mesmo ano. O voceiro de Matar por matar non lembra que a Corporación municipal deu por unanimidade o visto bó para a creación dunha comisión que se encargaría de investigar a mortandade rexistrada na canceira, tres meses despois de que o colectivo Outeiro traspasase ó Concllo a súa xestión directa, pero aínda estamos á espera das conclusións.
O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, manifesta que a comisón só se reuniu unha vez, xa que a Xunta encargou a unha empresa privada a elaboración dunha auditoría encol de todo o proceso de realización das obras na canceira, un trámite que deriva das denuncias interpostas contra o Concello do Carballiño polo Servicio de Protección de la Naturaleza (Serprona) da Garda Civil, tra-lo expediente aberto polo descubremento dos cadáveres dos animais.
Por outra banda, Bernardo García adiantou que 'xa dispomos dun capital inicial de 7.000 euros para a posta en marcha da fundación que xestionará a canceira no futuro'. O seguinte paso será ó traslado ó pleno da Corporación dos nomeamentos dos representantes dos grupos políticos e das asociacións veciñais no padroado que rexirá a fundación, e no que terán cabida outros concellos do resto da comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)