Espazo Común insta a que se optimice a limpeza viaria
carballiño
O grupo da oposición afirma que o concello só dispón de cinco operarios en pleno mes de xullo
O grupo municipal Espazo Común considera fundamental contar cunha detallada planificación que permita optimizar o servizo de limpeza viaria no Carballiño e alcanzar uns obxectivos de eficiencia e imaxe á altura dunha vila cuxa principal inxección económica en época estival é o turismo.
Por ese motivo, salienta "a precariedade da situación actual dun servizo que, a falta dunha correcta planificación previa, conta con apenas cinco operarios". Insiste en que é un servizo que debe funcionar os sete días da semana e cos pertinentes descansos e vacacións aos que os traballadores teñen dereito, e que "atopámonos con que moitos días só hai tres varredores para toda a vila en pleno mes de xullo".
En consecuencia, Espazo Común reclama que se contraten novos efectivos, a través da bolsa de emprego existente, a través da elaboración dunha nova ou vía convenios con outras administracións ou, incluso, rematando dunha vez a tan anunciada Oferta Pública de Emprego".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima