FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
O CARBALLIÑO
O grupo Espazo Común repróchalle ás autoridades locais, que a pesares da chegada das altas temperaturas, o Carballiño segue sen plan municipal de prevención de incendios. "Ante o aumento do risco de incendios e a inexistencia deste plan que é obrigatório e competencia legal do alcalde, moitas zonas do noso concello quedan desamparadas ante o lume", sinala.
Esta formación política recorda que o concello ten sen redactar e aprobar o obrigatorio Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Neste plan, entre outras cousas, determínanse as faixas de protección secundarias das que a institución municipal é responsable de informar aos propietarios das súas obrigas de limpeza, e que no caso de que non se execute ten que ser o concello quen se faga cargo da mesma.
Engade Espazo Común que "ademais do perigo que supón pola falla dun plan concreto de actuación, impide tamén valorar a posibilidade de adherirse ao convenio asinado pola Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga para a execución das obrigas dos concellos nesta materia de xeito máis rápido e evitar así o que está a pasar tódolos anos".
Por iso, apuntan os concelleiros deste grupo municipal que "demandamos ao alcalde do Carballiño que se presente o plan municipal que xa foi anunciado en varias ocasións á maior celeridade posible", tendo en conta que "a prevención é a mellor ferramenta para loitar contra o perigo do lume".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada
FESTIVAL MÁXICO SAN JUAN BOSCO
O Carballiño se abrirá a la magia el 30 de enero
Lo último