O festival de teatro capta tamén a atención nas rúas do Carballiño
FETEGA
Hoxe mércores, a Veracruz acolle "Cartoons", mentres que o no Auditorio se representa "Curva España"
O Festival do Teatro Galego (Fetega) chegou á súa segunda xornada cunha aposta polos espectáculos de rúa na praza da Veracruz do Carballiño. Tra-lo éxito de público da compañía ÍO e a súa montaxe do luns "Catro segundos", onte pola tarde foi a quenda de Dani García, que ofreceu "Don Gelati", o vendedor de xeados que co seu carriño é quén de facer maxia.
O Auditorio municipal voltou a acoller a función de noite, a cargo da compañía Contraproducións, con Patricia Vázquez e Rebeca Montero na obra "Compañeira de piso", mentres, á medianoite, na Casa da Cultura, o monologuista Fran Campos convertíase no "Pare Merino". Neste mesmo centro cultural, ó mediodía de hoxe estará Raquel Queizás con "Toin toin", un espectáculo para os máis cativos.
A compañía Excéntricas actúa tamén hoxe mércores na Veracruz, ás 19,00 horas, con "Cartoons", e a compañía Chévere ofrece no Auditorio, ás 22,00 horas, "Curva España", e o terceiro monólogo cómico do festival corresponderá a Víctor Grande, con "A vida pasa voando".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último