O Festival de Teatro Galego cumpre 26 anos no Carballiño
TEATRO
A estrea de "Arenteiro" será a gran novidade deste ano. Trátase dunha montaxe cargada de humor e retranca, da man dos actores Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín
O Carballiño albergará entre os días 8 e 11 de setembro as máis importantes compañías teatrais de toda a comunidade. Serán catro días nos que o concello ourensán será un ano mais a capital do teatro galego, con programación e actividades de mañá, tarde e noite dirixidas a todas as idades.
A gran novidade deste ano será a estrea de "Arenteiro", unha montaxe cargada de humor e retranca, da man dos actores Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín.
O FETEGA será escenario tamén doutros grandes das artes escénicas galegas, como Ibuprofeno Teatro, coa sua obra ‘O Furancho’, interpretada por Isabel Risco e Marián Bañobre; e Mofa e Befa, que dirixidos polo mestre Quico Cadaval subiranse ás táboas co seu ‘Bobas&Galegas’. A Compañía Floristería e Artesa Cía traerá ‘Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos’, unha montaxe moi actual sobre a desigualdade de xénero, protagonizada por Manu Fernández, Vicky Pérez e Laura Villaverde. Todas estas representacións terán lugar no Auditorio do Carballiño e o prezo de cada entrada será de 8 euros, aínda que hai desconto para os que desexen mercar para os catro días.
Todo isto completarase con actividades gratuitas para nenos, obradoiros ou actuacións de maxia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 29 de septiembre
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
EEUU avisa de que la Armada iraní ya no controla Ormuz
SIETE DÉCADAS EN SU PISO
Maricarmen podrá volver a casa tras alcanzar un acuerdo con Urbagestión