Francisco Fumega: "O pulpo converteuse nun bo motor económico"

Francisco Xosé Fumega Piñeiro é o alcalde do Carballiño

Publicado: 12 abr 2023 - 06:59 Actualizado: 12 abr 2023 - 07:24

La Entrevista de Hoy. Francisco Fumega

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, fai un repaso das potencialidades deste municipio e fala dos principais proxectos a desenvolver a curto prazo.

As obras do Museo do Papel de Galicia están moi avanzadas. Cando poderemos visitalo?

Penso que no mes de maio poderemos disfrutar dun dos proxectos de arqueoloxía industrial e musealización industrial máis importantes do país. É unha reinterpretación do que foi a fabricación do papel no século XIX a partir do trapo. Os trapeiros recolliano polas aldeas e despois mazábase e sometíase a un proceso para crear papel.

Haberá material en vivo, paneis e audioguías?

Hai material para ver como a tina do papel, prensas e todos os elementos fabricados por carpinteiros locais. Tamén audioguías que facilitarán varios idiomas e grados de coñecemento aos que se accede co mobil en función do que interese escoller de distintas temáticas. Eso permite racionalizar recursos.

O pulpo enténdese como un elementos dinamizador?

O pulpo non só é gastronomía, é un elemento dinamizador. A realidade económica é distinta a de fai anos porque hai fábricas con envasado ao vacío que exportan a Nueva Zelanda, Austria, América do Sur, Europa. Unha empresa que empezou con 10 empregados e hoxe ten 40. Tamén hai os pulpeiros especializados en eventos ofrecendo catering. O pulpo fixo que o Carballiño sexa recoñecido en toda España, e vén xente a comelo de distintos lugares e calquera día da semana. O pulpo converteuse nun bo motor económico para este concello.

Como están as contas do Concello?

Cando chegamos ao Concello pagamos 5 millóns de euros de facturas, non lle vendía ninguén ou de mala gana. Hoxe calquera empresa sabe que cobrará en prazo e, ademáis, hai inversións todos os anos do remanente. Este ano foron de 2,5 millóns a maiores do orzamento ordinario de 10,5 millóns.

En que situación está o proxecto do novo centro de saúde?

Xa está asinado o convenio coa Consellería de Sanidade e os deberes do Concello pasan por facer unha modificación do plan xeral para cambiar o uso do edificio, onde está agora a estación de autobuses. Vamos facer un edificio moderno de tres andares e de 26 especialidades que sustituirá a un obsoleto con importantes carencias

Hai falta de facultativos?

Este novo edificio o importante é enchelo de contido e a realidade é que hai recortes importantes, hai carencias xeneralizadas na antención primaria. Temos que colaborar e apoiar a sanidade entre todas as administracións, fora de partidismos. Un dos grandes logros é a sanidade universal e a educación universal, que calquera fillo de obrero poida estudar e en sanidade permítenos que nos podamos enfrentar ao final das nosas vidas sendo todos iguais.

O Concello concedeu axudas no momento máis complicado como foi o da pandemia?

Houbo axudas ao redor de 800.000 euros para os veciños e os emprendedores para acompañalos nesa travesía tan difícil, sobre todo no primeiro ano, despois fórase perfeccionando un protocolo e conseguimos crear un paraguas que nos permitiu que prácticamente non pechara ningún local, aínda que algún pechou porque foi un ano e medio co negocio a medio gas.

Hai un proxecto pendente que é o do balneario?

Temos un balneario totalmente moderno que é o das Caldas e hai un proxecto marabilloso de Gallego Jorreto para o Gran Balneario, que é unha institución da familia de Pardo Bazán, os Quiroga. Hai un problema de capitalización e eu acompañei a un dos donos a falar co expresidente Alberto Núñez e co presidente da Deputación, Manuel Baltar, e apoian este proxecto. Tamén hai fondos europeos nesa líña, así que se non vai desta vez perderíase unha oportunidade de ouro. Tamén lle cheguei a plantexar que o vendan ou que busquen outra fórmula de explotación.

En que consiste o proxecto da rúa Ourense?

Vaise acabar cun foco de contaminación do Carrás e humanizar unha das principais entradas ó Carballiño. A inversión é de 1,8 millóns. Tamén se vai ampliar o parque empresarial nun millón e medio de metros cadrados. É un dos parques máis importantes da provincia que hoxe está cheo e que ten demanda.

Contenido patrocinado

stats