A Insua encheuse da lírica da poeta de Sarria
Día das Letras Galegas 2021
Numerosas localidades desenvolveron lecturas da súa obra e outros espectáculos
Na Insua dos Poetas, un espazo natural e cultural da Esgueva de Madarnás, en Carballiño, celebráronse as Letras Galegas "Musicando versos de Xela Arias". Actuaron 4Mal Quartet Jazz, que puxeron a música ao recital dos poetas Rochi Nóvoa e Quico. O acto foi organizado pola Fundación Insua dos Poetas, contando co patrocinio da Deputación.
A institución provincial ofreceu en Ribadavia a comedia de teatro “Running” . Tamén houbo lectura da obra da autora de Sarria, Xela Arias, ademais de un roteiro musical polas rúas con Nordés-Gaiteiros de Galiza. Así mesmo, desde o 17 ao 23 de maio terá lugar a Semana do Libro Galego, con descontos do 20%.
O Concello de Oímbra optou por poñer á disposición dos seus veciños libros en galego; e Turismo de Laza e un comercio local desenvolveron unha actividade na que 10 mulleres e 9 nenos leron pezas da autora homenaxeada. Mentres, no Concello de Verín, os gañadores dos certames de Poesía, Xosé Carlos Caneiro, e de relato curto, Antonio Fernández, leron as súas obras.
A compañía Xarope Tulú representou "Ti e mailo mundo que apañes", organizada a actividade polo Concello de Xinzo. Nesta xornada tamén houbo un mercado de libros con descontos. En Maceda, leuse un manifesto e varios textos da autora, e o alumnado da Escola Municipal de Música ofreceu varios pases. Os establecementos comerciais de Allariz colocaron nos escaparates versos en galego e pola tarde houbo teatro infantil.
O Barco tamén disfrutou do espectáculo "Ti e mailo mundo que apañes" e na Rúa actuou a banda de gaitas Abertal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último