ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
O perfil de José Luis González, novo alcalde de Piñor:
Satisfeito co respaldo dos seus veciños?
Si, porque aumentamos en dous concelleiros. Os veciños déronnos o apoio e agora queremos corresponder. Piñor necesita estes catro anos pasar seguir avanzando.
Este ano inaugura o primeiro albergue de peregrinos. Era unha materia pendente?
Era unha materia pendente, tanto o albergue como o centro cultural. Levamos traballando desde o principio por estes dous proxectos, que van a supor a visita de máis turistas, que descansen en Piñor e consuman en Piñor, nos restaurantes que temos e nos bares. Temos varias casas de turismo rural e de alquiler, que teñen moita demanda e por iso era necesario o albergue.
E como vai a creación do museo do cadaleito?
Esperamos que ao final de este ano esté listo, pendente da licitación por parte da Deputación provincial da segunda fase, cunha inversión de 70.000 euros.
Pensa que atraerá visitantes?
Si, porque non hai ningún museo do ataúde e a xente sente curiosidade pola morte. É lóxico que se faga no concello onde máis ataúdes se fabrican de toda España. É algo que nos identifica.
Goza de boa saúde o sector?
Aquí funcionan nove fábricas e na actualidade vai ben, gracias a que as importacións de China reducíronse moito. Empezaron a baixar co encarecemento do transporte e agora as grandes distribuidoras compran algo, pero a maioría das funerarias compran aquí despois das dificultades no suministro durante a pandemia, cando deixaron de vir o ataúdes de China.
Cales son os obxectivos para esta nova etapa?
Un dos principais é unha residencia para maiores con 40 prazas. Temos unha subvención da Depuración de 80.000 euros para a redacción e dirección do proxecto. O que pretendemos é que os veciños queden aquí. Ademais, queremos facer vivendas para aumentar poboación e aprobar o PXOM.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que el PP dice que no y Jácome dice que sí?
reunión inesperada
El Papa y Bad Bunny, ¿juntos en Madrid?
DE UNA CADENA HOLANDESA
El Supremo confirma que El Rosco de Pasapalabra es una obra protegida: debe cesar su emisión