FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
ENTREVISTA
A actriz Josi Lage organiza desde fai máis dunha década o Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño, que arranca hoxe na súa 28 edición, presentando cinco espectáculos teatrais, ademais doutras representacións ao aire libre, obradoiros e unha conferencia.
Como evolucionou o Fetega nestes 28 anos?
Antes era un festival para Carballiño e a provincia, agora medrou tanto que está a ser un verdadeiro referente tanto na comunidade galega como fóra de Galicia. Veñen espectadores de toda Galicia, Portugal, zonas limítrofes como León e Asturias e tamén de Madrid.
E o teatro galego?
Tamén está evolucionando. Están chegando as vanguardias. Chévere ou Matarile xa traballaban este tipo de linguaxe e agora tamén están os alumnos da Escola Dramática de Vigo, que traballan este teatro posdramático.
Que destaca desta nova edición do Fetega?
A grande calidade dos actores, unhos textos fantásticos e espectáculos moi variados en xénero e formato, ademais de prolongarse un día máis grazas ao apoio de diversas institucións e dos establecementos comerciais. Contamos con Chévere, que foi Premio Nacional de Teatro no 2016, coa comedia documental "Eroski Paraíso" e o humor típico desta compañía. "A canción do elefante", de Redrum Teatro, é un thriller psicolóxico, un xénero pouco habitual xa que quero que sexa unha programación diferente á que ofrecen os concellos, porque é un festival e temos que diferenciarnos. "Dramaturxia das mulheres", da compañía Inherente, é teatro posdramático, as actrices van utilizar o corpo como vehículo de expresión para reivindicar a forza do xénero. Tamén está "Impronews", de Triatreros, con música en directo e moita improvisación; e Sergio Pazos pechará os espectáculos con "Afiando con humor" e a gala de entrega de premios Fetega, que a partir deste ano chámase "Dorotea Bárcena".
Responden ben os empresarios da vila?
Si, pero tamén imos facer un estudo para mostrarlles onde come e pernocta a xente do teatro. Con outros que fixemos con anterioridade comprobamos que cada euro invertido, tres retornan ao Carballiño. Xunto coa Festa do Pulpo é o evento que atrae máis público.
Conta con moita expectación?
Sempre hai moito público, por iso os interesados deben reservar en www.fetega.gal, porque non podemos garantir que haxa entradas na taquilla. Tamén para asistir aos obradoiros, un de creación escénica, que se impartirá do 30 ao 1 de outubro, e o outro de improvisación, o 28 e 29 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana