FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
A actividade da actriz Josi Lage non se detivo nin durante os dous anos da pandemia, nos que asegura lle axudaron a coñecerse mellor. Tras 20 anos adicada case en exclusiva ao Festival do Teatro Galego, non foi sen tempo que se mergullara no eido audiovisual. No vindeiro mes de setembro, volta á súa terra, O Carballiño, para impartir dous obradoiros, un deles de xogos teatrais para cativos.
¿En qué estivo traballando ata agora?
A verdade é que logo de 20 anos como directora do Fetega do Carballiño, tiña necesidade dun respiro persoal e a outros niveis, e centrarme máis na miña profesión e tamén na docencia. Entre os proxectos, o meu papel na perfomance “Barbarie en branco e negro”, dirixida por Ester Carrodeguas, que supuxo un adestramento físico moi esixente e que representei en New York e Barcelona. Ademais, estiven en obradoiros do audiovisual a fin de traballar en imaxe publicitaria, coma foi o caso do spot turístico do Morrazo, que despois do Carballiño é a miña segunda casa. Tamén en danza, expresión corporal, ortofonía e dicción, sobre todo enfocados ás locucións e á dobraxe.
¿Algún proxecto cara o futuro?
Teño previsto participar, con Estudio Dos Marías, nunha montaxe na que se mesturan imaxes dos anos 50 cun ambente futurista baseado na película “Blade runner”, e na que hai que traballar moito a construcción das personaxes. Tamén farei de protagonista en “Arcanas”, unha mediometraxe dirixida por David Salgado Marcote, cun argumento de cine negro baseado en “A cata” de Roald Dahl.
¿E a nivel de docente?
No vindeiro mes de setembro, concretamente o sábado 24, estarei no Auditorio municipal do Carballiño con dous obradoiros. O primeiro será pola mañá, de 11,00 a 14,00 horas, e consiste nunha sesión de xogos teatrais para cativos e as súas familias, cun custe de 15 euros por alumno. O segundo, de 17,00 a 20,00 horas, cun prezo de 30 euros, é un taller de desinhibición, para adquirir soltura, espontaneidade, gañar confianza, romper tabús e fomentar a sociabilización. Xa o 1 do mes de outubro, en Santiago, impartirei o obradoiro “Mujer Art” das emocións, aberto ás mulleres e calquera outro xénero.
¿Qué supuxo a pandemia para as artes escénicas?
Foi un golpe mortal, do que só sobreviviron aquelas compañías que souberon reciclarse. A min cambioume moito a perspectiva, axudoume a coñecerme mellor e a saber que o meu sitio é O Carballiño. Agora, despois da pandemia, a xente do teatro ten moitas gañas de facer cousas e o público de sentir e de emocionarse, e o exemplo delo é que os teatros están cheos, por iso temos que valorar ao espectador.
¿Sería aconsellable introducir o teatro no ensino?
Sempre digo que o xadrez, a música, a danza e o teatro deberían ser asignaturas no eido educativo tan importantes como a lingua ou as matemáticas. Coa aprendizaxe teatral, os rapaces convértense en mellores seres humanos e moito mellores persoas, de xeito que de adultos terían menos traumas e serían máis abertos. Verían o mundo dun xeito diferente, sendo máis positivos e máis creativos, e que estamos nel para axudarnos os uns aos outros. En xeral, tódalas artes fannos máis ceibes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada
FESTIVAL MÁXICO SAN JUAN BOSCO
O Carballiño se abrirá a la magia el 30 de enero
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 4 de febrero
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja