protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
O proxecto supuxo un investimento de 41.000 euros para a instalación de 30 luminarias na Uceira
O Concello do Carballiño instalou 30 novos punto de alumeado público no polígono industrial de A Uceira, unha superficie na que están emprazadas medio cento de naves comerciais e fábricas e que dende a súa inauguración hai 30 anos presentaba carencias a nivel de infraestructura eléctrica.
As melloras da instalación lumínica estiveron baseadas na calidade do alumeado nas horas de tránsito, de xeito que a luz artificial das farolas pode reproducir matices, formas e cores dependendo das edificacións, circulación de vehículos, persoas ou animais, sinala o alcalde carballiñés, Carlos Montes. Así, can to máis nos aproximemos a unha destas farolas, increméntase a súa capacidade de alumeado e cun sistema incorporado de baixo consumo enerxético, o que supón un aforro no gasto municipal na concesión deste servizo, apunta o rexedor.
Asemade, as novas luminarias están controladas por un reloxo astronómico que controla a intensidade lumínica tendo en conta a luz natural na zona onde están colocadas. O orzamento da nova instalación eléctrica ascendeu a un total de 41.000 euros, dos cales a Consellería de Innovación e Industria aportou o 53% e o Concello carballiñés a cantidade restante. Os propietarios das empresas do polígono agradeceron a mellora, que viñan demandando dende hai moitos anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño
Lo último