O magosto máis cultural tivo a súa capital na Insua dos Poetas
Máis de 400 persoas citáronse en Madarnás para compartir a festa máis enxebre do outono. No magosto parroquial de Celanova, supliron a ausencia de castañas con chourizos e empanadas.
Nenos e maiores colgaron onte o cartel de “completo” na celebración do magosto na Insua dos Poetas, o espazo que mixtura natureza e cultura na A Esgueva ( Madarnás, O Carballliño). Máis de 400 persoas de toda a comarca aceptaron o convite de “Cos nenos na lingua propia” lanzado pola organización para desfrutar dunha tarde de festa, con música e hinchables que fixeron as ledicias de os máis pequenos, e onde non faltaron as tradicionais castañas asadas, chourizos, pan, bica e bebida.
Chuches Amil, Antonio Luz e o grupo ToKaide foron os encargados de poñer a nota musical a unha magnífica xornada, tal é como subliñaba dende a organización Luis González Tosar, que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística ou os representantes institucionais de Boborás, O Carballiño, O Irixo ou Cartelle, entre outros.
Onde non houbo castañas, pero si chourizos e empanadas, foi no magosto organizado pola parroquia de San Rosendo, na vila de Celanova. Tras o éxito do “Samagosto” das escolas deportivas do Concello de Celanova do sábado, os veciños tiveron a oportunidade de seguir onte de festa no Claustro Barroco do Mosteiro. “Hai bolos de chourizo e tamén empanada, pero castañas non, porque este ano eran moi malas”, explicaba o párroco, César Iglesias Grande. A música e o bo ambiente fixo que os asistentes non botaran en falta as castañas, “xa as comemos onte!”, bromeaban.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INVESTIGACIÓN POR FEMINICIDIO
Detenido en México "El Trompas", presunto responsable del asesinato de Claudia Tacoronte
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal