8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
O cantautor galego Emilio Rúa abría coa canción “Querida alegría” o acto de entrega do V Premio Ágora do Orcellón á doutora Marisa Crespo Leiro, cardióloga no CHUAC e profesora na Universidade da Coruña, organizado polo Instituto de Estudios Carballiñeses, que se celebrou no salón de actos do IES Nº 1.
A primeira intervención correspondeu ao presidente da entidade organizadora, Avelino Muleiro, que sinalaba que é “un premio ben merecido” para “un exemplo de muller galega”. Engadía que no pobo de Santrós (Cea) creouse a primeira central hidroeléctrica da comarca, sendo un símbolo de modernidade e “foi o cerne que lle serviu a Marisa Crespo para chegar a ser unha galega chea de valores”.
Durante o acto mostráronse fotografías dos 40 colaboradores do número 38 da revista Ágora do Orcellón, un monográfico dedicado á premiada, no que escribiron médicos, artistas, amigos e , entre eles, o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez; o da Deputación, Manuel Baltar; e o do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, que tamén se encontraba presente no acto, e que destacaba o papel desempeñado por la cardióloga no campo da docencia e no mundo da investigación, cos seus “traballos sempre punteiros”.
Os intervintes ensalzaron a Marisa Crespo pola súa traxectoria profesional e polas súas cualidades humanas como a bondade, a súa tenacidade, o achegamento persoal aos pacientes e a xenerosidade, ademais dos seus múltiples logros e recoñecementos no ámbito internacional. Participaron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial, Gabriel Alén; o alcalde, Francisco Fumega, e o vicepresidente da Deputación, César Fernández, entre outros.
AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE A INSPIRARON
Marisa Crespo recibía o primeiro exemplar da revista Ágora do Orcellón e unha peza escultórica de Antón Pulido. O laudatorio correu a cargo de María Crespo, irmá da homenaxeada, que sorprendeu aos asistentes cunha historia da infancia en Santrós, criadas nunha casa rural que sempre estaba chea de xente “con moita vida e animación”, participando nos traballos do campo, e contando como os seus pais quixeron darlles a mellor educación nun internado, que sentou as bases para as súas traxectorias profesionais.
Marisa Crespo agradecía o premio, manifestando sentirse honrada e feliz porque “se é fermoso recibir este premio, máis o é acompañada por todos vostedes” e referíase ás persoas coas que coincidiu, porque “son o que son polo que a xente da miña vida me inspirou”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
RECORRIENDO OURENSE
Galería | El Rally Ourense de Clásicos y Antiguos celebra su XXX edición
MÁS DE 700 PARTICIPANTES
Galería | Coren celebra a sus empleados en la tercera edición de la Andaina Campeira