Marisa Crespo recibe o V Premio Ágora do Orcellón
O xurado do Instituto de Estudios Carballiñeses valorou os seus grandes méritos profesionais
O Instituto de Estudios Carballiñeses concede o V Premio Ágora do Orcellón a Marisa Crespo Leiro, doutora en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid e Especialista en Cardioloxía polo Hospital Puerta de Hierro de Madrid.
O xurado deste premio estivo presidido por Avelino Muleiro García, filósofo e director do Instituto de Estudios Carballiñeses, e destaca de Marisa Crespo que é profesora na Universidade de A Coruña; responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco no CHUAC; colaboradora do Centro de Investigación Biomédica na Rede Cardiovascular CIBERCV, pertencente ao Instituto de Salud Carlos III; coordinadora do Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña; articulista; membro Honorario Internacional da Heart Failure Society of America, entre outros méritos, ademais das súas importantes cualidades humanas, a súa entrega e dedicación aos pacientes e o seu compromiso coa Sanidade pública. O Colexio Médico de A Coruña xa lle concedeu a máis alta distinción deste organismo: a medalla de ouro e brillantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último