Unha moción reclama axudas ao concello de Carballiño para plantar árbores
politica
O grupo da oposición pretende que o concello facilite aos interesados a posibilidade de facer a solicitude presencial ou telemática para pedir ditas subvencións
O grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño solicita a través dunha moción que o concello conceda subvencións para repoblar os montes privados e en man común con frondosas, "como fonte de seguridade e riqueza para os veciños", sinala. Para elo pide que se abra un prazo para a solicitude de axudas e lle dea publicidade a través dos medios cos que conta a corporación.
Este grupo da oposición tamén pretende que o concello facilite aos interesados a posibilidade de facer dita solicitude ben presencial ben por medio telemático mediante formulario para pedir ditas subvencións.
Ademais, propón habilitar unha partida orzamentaria para a creación de esta liña de axudas, delimitada previo consenso dos grupos con representación municipal, a través de unha modificación de créditos e establecida en función das solicitudes recibidas e da superficie afectada. "En este punto terase en conta a clase de terreo a tratar á hora de definir o número e tipo de árbore que se poidan plantar", matiza na moción.
Por outra banda, apunta que a entrega de plantas para reforestar se configure a razón de unha árbore por cada 49 metros cadrados en superficie forestal e unha planta por cada 100 metros cadrados en fincas de uso agropecuario, de acordo ao recollido na Lei de Montes de Galiza e tamén que as áreas de Rural e Medio Ambiente organicen e faga charlas de sensibilización, co fin de informar a veciñanza e ás comunidades de montes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima