O museo do río Arenteiro gaña visitantes neste verán
Un remodelado muíño do Anxo incorpórase ao programa de promoción turística do Carballiño
O Museo Etnográfico do Arenteiro estáse a convertes nun dos grandes reclamos do Carballiño a nivel turístico, rexistrando un repunte no número de visitas, pasando das 1.200 no mes de xuño a case 2.000 ao longo do mes de xullo. Máis en concreto, a este museo ubicado no antigo muíño do Anxo, ademais dos 225 veciños e veciñas do municipio carballiñés que percorreron as súas instalacións, tamén se rexistraron 245 de toda a provincia; 152 do resto de Galicia; 319 de todo o país e máis dun cento do continente americano, mentres no que respecta aos visitantes europeos, a cifra ascende a 147.
O Museo foi recentemente acondicionado e xa está preparado para cando a subida do leito do río deixe ver un auténtico espectáculo natural co movemento dos muíños, prevéndose entón a chegada de novos turistas e de excursións escolares. O muíño do Anxo tamén loce unha nova imaxe, coa incorporación de figuras dun grupo de animais domésticos, que recrean a cabaña gandeira que posuía o muiñeiro, e que amosan unha estampa insólita do conxunto, que agrada aos numerosos visitantes, en especial aos máis cativos, que se espera se acheguen a este centro cultural ao longo de todo o ano.
O actual responsable do museo, Carlos Montes, comenta que “hai moi boas expectativas de afluencia cara ao futuro, tendo en conta que o museo está integrado nun conxunto máis amplo que engloba o cámping municipal, os restaurantes, a Pena dos Namorados e a piscifactoría, e, sobre todo, o paseo fluvial, que remata precisamente aquí”.
O museo do Arenteiro ofrece visitas guiadas, de media hora de duración, de 11,00 a 14.00 horas pola mañá, e de 19.00 a 22.00 horas pola tarde, que se dividen en seis etapas diferenciadas. Na primeira, os participantes na visita coñecen o interior da vivenda do muiñeiro, os obxectos alí gardados e a documentación relativa á época na que estaba o muíño activo. A continuación, poden entrar nas cortes dos animais e os aperos correspondentes, para pasar logo a ter unha visión panorámica das canles de captación da auga do río e o sistema de esclusas.
Os visitantes teñen acceso despois aos dous muíños existentes no complexo que estaban en funcionamento, o grande de tres moas e o pequeno de dúas. Alí están as gráficas dos antigos sistemas de medicións dos volumes e superficies, dos diferentes elementos de enxeñería hidráulica e da moenda, e un resumo do estado e número de muiños na cunca fluvial, e finalmente, o guía explícalles os aspectos xeográficos e paisaxísticos do Arenteiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia