FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
PATRIMONIO
A Torre de Godás, un asentamento defensivo medieval ubicado ó carón do río Arenteiro, no termo municipal do Carballiño, será obxecto de novas intervencións no vindeiro ano a fin de continuar os traballos iniciados na primavera de 2016 polo Centro de estudios Chamoso Lamas. A nova quenda de excavacións centrarase na limpeza e acondicionamento da contorna deste espazo singular e na consolidación dos muros de pedra que conforman a torre e que xa quedaron ó descuberto.
Ademais, os expertos en Arqueoloxía da asociación de investigación da comarca retomarán as obras de profundización no pozo achado no centro da edificación, e que según as labores de observación desenvoltas o ano pasado surtía ós vixías da torre e tamén recollía auga da choiva. Deste xeito, os investigadores descubriron unhas antigas canalizacións na contorna do núcleo urbán da colindante localidade de Godás, e que agora son utilizadas como sendeiros.
O proxecto elaborado polo Centro de estudios será presentado ante a Dirección Xeral de Patrimonio para a súa validación, e tamén ante o Concello do Carballiño "a fin de solicitar a financiación que corresponda", suliña Jorge Lamas, responsable da sección de Arqueoloxía do colectivo. Un proxecto que tamén contemplará a instalación de paneis indicativos de localización do xacemento arqueolóxico, tendo en conta que o sendeiro que comunica O Carballiño co conxunto histórico de Pazos de Arenteiro, duns 13 quilómetros de lonxitude, pasa entre o río e o outeiro onde se atopa a Torre de Godás.
Comunal
O investimento do Concello nas excavacións foi de 10.000 euros o ano pasado, e para 2018 deberá incluirse unha partida semellante nos orzamentos municipais. O terreo onde está enclavada a torre é de propiedade comunal dos veciños da localidade de Godás, integrada na parroquia carballiñesa de Longoseiros, e está situado a uns tres quilómetros do casco urbán da vila do Arenteiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último