A ocupación hostaleira do Carballiño foi dun 95% neste verán

TURISMO

O Carballiño colocouse como líder en solitario entre as vilas da provincia en canto á recepción de turistas. Madrid, e a nivel internacional Francia, encabezan a procedencia

Publicado: 04 oct 2024 - 10:11 Actualizado: 04 oct 2024 - 10:12

Ambiente nas rúas do centro do Carballiño durante este último verán.
Ambiente nas rúas do centro do Carballiño durante este último verán.

O Carballiño consolídase como un dos grandes referentes turísticos de Galicia, mantendo unha ocupación media na oferta hostaleira dun 95% durante toda a época estival, nunha temporada que as autoridades municipais califican de excepcional, segundo o balance realizado polo Concello.

“A Festa do Pulpo, as actividades culturais e de ocio que ofrece a vila, a Igrexa da Veracruz e o Parque Municipal, ou mesmo a oferta gastronómica ou termal, entre outras, son parte importante do éxito”, sinalan desde a Concellería de Turismo.

O concelleiro, Manuel Dacal, considera que “a gran dificultade reside en manter constante o crecemento que está a experimentar a vila na chegada de visitantes, como indica o propio Instituto Nacional de Estatística, sinalando que durante todo o verán a vila do Arenteiro aumentou en 13.000 persoas a poboación, o que da por cumprido o obxectivo do goberno local de ampliar as grandes datas de turismo da vila que con anterioridade se situaban na semana da Festa do Pulpo.

Segundo os datos que facilita este departamento, a emigración segue aportando un porcentaxe importante, pero tal e como destacan, tanto dende a oficina de turismo como do camping municipal, o turismo nacional con máis presencia é o de Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía, mentras que no de orixe internacional, sobresalen Francia, México, Alemania e Holanda.

“Estas cifras, que supoñen un recoñecemento ó bo facer dunha vila, veñen a consolidar un modelo que está a dar os seus froitos”, matizan. Ademais, tamén se refiren que “a esto hai que sumar a boa nova que recibiu o Carballiño hai unhos meses, pois a situaba como lider en solitario entre as vilas da provincia en canto á recepción de turistas durante o primeiro trimestre do ano”.

O Concello realizou diversas campañas turísticas, tanto a nivel estatal como internancional, co fin de buscar a desestacionalización do turismo e reforzar o sector servizos, que supón unha das principais fontes de emprego. O pulpo, a Veracruz, o Parque e a programación cultural e de ocio “dan o dinamismo necesario para manter o pulo turístico”, afirman.

Contenido patrocinado

stats