A oitava edición do concurso fotográfico pola igualdade está dedicado aos menores
carballiño
Os interesados poden entregar as fotos no Cim ou remitilas por correo electrónico para incentivar a participación
O 8º Concurso Fotográfico que organiza a área de Igualdade do Concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O Potiños e o Centro Comercial Aberto (CCA), leva nesta edición o lema "Unha mirada de xénero: Menores en igualdade". Terá, como nas edicións anteriores, tres premios para as tres mellores fotografías, de 300, 200 e 100 euros en vales de compra para gastar nos comercios do Carballiño, e o prazo para a presentación dos traballos finalizará o 1 de marzo para a entrega en man no CIM, e o 3 de marzo para quen remita os traballos telemáticamente a través do correo cim@carballino.gal.
O concurso foi presentado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Marina Ortega; o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco, e a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares.
Marina Ortega xustificou a elección do lema desta convocatoria como un xeito de reivindicar o papel das novas xeracións na loita pola igualdade, erradicando os estereotipos masculino-feminino desde a primeira infancia, e tamén pola súa implicación nesta cuestión a raíz da súa participación nos actos do 8 de marzo do pasado ano. Noelia Mares destacou o esforzo que realiza o concello pola igualdade e manifestou o seu agradecemento por contar co CCA nesta iniciativa.
Manuel Blanco considera que o feito de que as fotografías poidan entregarse en man ou enviarse por correo electrónico contribuirá a unha maior participación, e nese sentido espera que compita xente de toda a provincia e tamén de fora de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima