O Parque Etnográfico acolle o curso de limpeza industrial
A Xunta de Galicia, a través do Equipo Comarcal de Inclusión Sociolaboral do Carballiño, desenvolve un curso de limpeza industrial cunha duración de 60 horas, das que 10 son prácticas. Estas prácticas levaranse a cabo nas Pallozas do Arenteiro e no Parque Etnográfico do Carballiño gracias a aportación que o Concello fai destas dependencias e instalacións municipais coa súa cesión para la realización desta iniciativa de formación.
Esta formación desenvólvese no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación ou risco de exclusión social atendidas polos Equipos Comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O curso de limpeza industrial realízase para un máximo de 10 persoas coa finalidade de garantir en todo momento as medidas de prevención e recomendacións fronte o risco de transmisión de covid-19. Así o alumnado disporá de máscaras e xel hidroalcohólico e na aula se manterá a distancia de seguridade entre as persoas e a máxima ventilación posible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición "Ecosistema dunha rodaxe"