FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O CARBALLIÑO
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten prácticamente ultimado o proxecto de acondicionamento do sendeiro do río Arenteiro por ambas marxes, así como do lavadoiro de Toscaña e unha finca próxima que albergará unha nova zona de xogos infantís.
O proxecto, que ten un custo de 350.000 euros e será financiado na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica, forma parte do acordo alcanzado polo presidente do organismo, José Antonio Quiroga, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, durante a visita realizada á vila o pasado mes de xaneiro, e que se plasmará coa sinatura dun protocolo entre a Confederación e o Concello do Carballiño, que xa está redactado.
Ademais deste novo proxecto, a Confederación levou a cabo recentemente a limpeza do cauce dos ríos Carrás e Arenteiro, no tramo urbano municipal, retirando os troncos e polas que se atopaban no río, así como daquelas árbores das ribeiras que estaban secas e corrían o risco de caer en calquera momento.
O novo proxecto contempla a substitución do pavimento actual do paseo do río Arenteiro por ambas marxes, que é de xabre compactado, por outro tipo de pavimento resistente á erosión pola acción da auga. Ademais realizarase unha mellora do drenaxe e evacuación de augas pluviais.
Este proxecto tamén inclúe a substitución da cuberta e do vello tellado do lavadoiro do barrio de Toscaña, que corre o risco de derrumbe, así como a mellora do acceso a través da rúa Miño e o acondicionamento dunha finca próxima para a instalación dun parque infantil e área recreativa.
Paseo fluvial
Os sendeiros do río Arenteiro executáronse nos anos 2007 e 2008 pola extinta Confederación Hidrográfica del Norte, e co paso do tempo teñen sufrido un notable deterioro debido fundamentalmente á acción erosiva da auga de escorrentía, polo que este novo proxecto terá como principal obxectivo acondicionar ambas marxes do río no tramo comprendido desde a Ponte de Veiga ata o Museo Etnográfico do Arenteiro.
A rehabilitación do lavadoiro de Toscaña é unha intervención moi demandada polos veciños do entorno, tendo en conta que está situado nunha área recreativa a beira do río e ao mesmo tempo dentro do casco urbano polo que suele estar bastante concurrida. Os veciños de Toscaña en particular, e do Carballiño en xeral, teñen alertado en repetidas ocasións ás autoridades municipais de que a situación na que está o lavadoiro pode resultar perigosa.
Refírense concretamente ao tellado que amenaza con derrubarse polo que pode en calquera momento ferir ás persoas. Con este proxecto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil solucionarase o problema.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana