Piñor apraza a visita a Cerceda e a charla sobre o ciberacoso
charla
Se levará a cabo o vindeiro luns 28 de agosto
O Concello de Piñor vén de informar de cambios nas datas en dúas actividades. A primeira, o aprazamento da visita ó parque acuático de Cerceda, que estaba prevista para onte, xoves, e que tivo que ser cancelada debido á comunicación de peche das instalacións lúdicas por mor do mal tempo.
Con este imprevisto, dende o Concello vense na obriga de cambiar de data a excursión, de maneira que se levará a cabo o vindeiro luns, 28 de agosto, cos mesmos horarios (saída ás 10,00 e volta ás 21,00horas). Tendo en conta as molestias ocasionadas, o parque acuático subvencionará as entradas a tódolos asistentes, e dende a alcaldía de Piñor incrementarase o financiamento do transporte, de maneira que as tarifas para poder desfrutar desta actividade redúcense considerablemente. As persoas empadroadas deberán abonar tres euros, e cinco euros as non empadroadas.
O Concello tamén apraza ata o mércores, día 30, a charla "Principais perigos na rede e prevención do ciberacoso", mantendo o horario das 11,00, no Centro social da Albarona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
HELADAS GENERALIZADAS
Calvos de Randín repite como el punto más frío de Galicia
NUEVO MINISTRO DE TRANSPORTES
Las víctimas del Alvia piden reunirse con Cuerpo: "Si nos hubieran escuchado, se habría evitado el accidente de Urda"