Piñor desenvolve unha Escola de empoderamento feminino
CARBALLIÑO
A iniciativa busca "omentar a autoestima, as potencialidades a nivel persoal, a seguridade física e psicolóxica, loitando contra os estereotipos de xénero"
O Concello de Piñor pon en marcha unha Escola de empoderamento feminino, unha nova iniciativa financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade que consiste nun curso formativo destinado exclusivamente a mulleres, no cal se impartirán todo tipo de contidos vinculados co seu empoderamento. "A idea é fomentar a autoestima, as potencialidades a nivel persoal, a seguridade física e psicolóxica, loitando contra os estereotipos de xénero e permitindo que as mulleres participantes sexan quen de percibir todo o que son capaces de conquerir por si mesmas", apuntan os responsables municipais.
A Escola de empoderamento feminino de Piñor contará con 16 sesións de 2 horas de duración, sendo un total de 32 horas formativas e desenvolverase dende o 1 de agosto ó 26 de setembro, os xoves de 19,00 a 21,00 horas, no Centro Social (Albarona). A actividade é totalmente gratuita e deberá formalizarse nos Servizos Sociais do concello antes do 1 de agosto.
As sesións versarán sobre a autoestima e crecemento persoal, traballando coa risa, o baile e a relaxación como principal antídoto aos problemas emocionais; preténdese tamén que as participantes recoñezan a importancia de coidar da súa saúde, fomentando o autocoidado. Ademais, abordarase a autodefensa persoal física, psicolóxica, emocional, individual e colectiva, creando espazos seguros e ampliando as posibilidades fronte ás violencias e, finalmente, a alfabetización dixital sobre o manexo de teléfonos móbiles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!