Pontón cualifica de "disparate" a alianza entre PSOE e PP para gobernar O Carballiño
PROVINCIA DE OURENSE
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera o pacto PSOE-PP do Carballiño "prexudicial"
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "disparate" o acordo de gobernabilidade alcanzado polo PSOE e o PP no municipio ourensán do Carballiño.
A preguntas dos xornalistas este mércores nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento galego, a líder nacionalista manifestou o seu rexeitamento á alianza entre socialistas e populares para que Francisco Fumega (PSOE) manteña a Alcaldía até o último ano de mandato, cando pasará a mans do PP.
Así, Pontón manifestou que a formación frontista considera "prexudicial" para O Carballiño o pacto selado entre PSOE e PP e traballará "para que exista unha alternativa" no municipio, onde o Bloque conta cun concelleiro polos 6 de socialistas, 5 de populares e os 5 de Espazo Común.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último