INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
galardon
Héctor Cajaraville pola súa obra "Nova Nursia", e Carlos Castelao por "As Orixes da Fotografía en Galicia", nas modalidades de creación literaria e investigación e ensaio, respectivamente, recibiron este sábado no pazo da familia Losada, en Moldes (Boborás), os galardóns da 34 edición do Premio Antón Losada Diéguez, que está dotado de 12.000 euros a repartir entre ambos.
Despois da celebración da misa na igresa de San Mamede, e dunha ofrenda floral nas tumbas de Antón Losada e Manuel Chamoso Lamas, cuxa glosa realizou a integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Ana Gordín, o mantedor do acto, o arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, facía referencia a unha das facetas máis descoñecidas do ilustre galeguista e que ten que ver cos seus traballos arqueolóxicos desenvolvidos en Moaña e no Castro de Vigo, ademais da importante aportación que fixo na catalogación dos castros galegos, dedicando un fascículo ao patrimonio da comarca do Carballiño.
Jorge Lamas ensalzou ademais a súa figura por a "defensa do espíritu galeguista dignificando a realidade galega e conectando con Europa".
Por os concellos organizadores falaron Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, quen apuntou que este premio "deixa patente o noso compromiso coa cultura e a lingua galega"; e en representación de Boborás, a alcaldesa Patricia Torres, que se referiu a importancia de seguir na defensa da cultura galega, da lingua e do patrimonio.
Manuel Doval, responsable de Cultura na Deputación de Ourense, apelou ao compromiso coa terra e destacou o premio como un dos máis importantes que se celebra en Galicia. O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, referíase a importancia destas iniciativas que deixan proxectos literarios e de investigación que "nos van marcando camiños nese proceso de construción que temos como pobo".
Os gañadores, Héctor Cajaraville e Carlos Castelao agradecían este primeiro premio que recibiron e falaron das súas respectivas obras, sobre Frei Rosendo Salvado, e sobre a historia da fotografía. A música correu a cargo da Coral Polifónica do Casino e de Terras do Arenteiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño
Lo último
CHINA QUIERE APRENDERLO
El español suma 10 millones de hablantes en solo un año
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 25 de octubre
PRIMERA FEMENINA
El Ontime, una tarde con poco premio (1-2)