Un proxecto permitirá acoller 450 cans no refuxio da Medela
A canceira municipal do Carballiño duplicará a súa capacidade unha vez executado un proxecto de ampliación que aprobou a Deputación provincial. Ademais, as instalacións serán dotadas dunha depuradora ecolóxica.
O refuxo de animais ubicado no monte da Medela, no Carballiño, será obxecto dunhas obras de ampliación que suporán duplicar a capacidade de acollida do recinto. O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García Nóvoa, anunciou onte que a Deputación provincial vén de aprobar o correspondente proxecto, que ascende a 21.000 euros, dentro dun plan xeral de dotación deste tipo de infraestructuras para tódalas comarcas ourensanas.
Os traballos consistirán na construcción de novas casetas e valados para aloxar a un total de 450 cans, tendo en conta que o refuxio vai proporcionar cobertura ós nove concellos da comarca, cos que se firmará un convenio ó traverso da creación dun padroado, tal e como foi acordado o ano pasado pola Corporación do Carballiño.
Depuradora
O edil nacionalista lembrou que a institución provincial tamén financiará a construcción de vestiarios para o persoal de mantemento do recinto e dunha sala veterinaria para atender os animais enfermos.
Por outra banda, o Concello presentou ó Ministerio de Política Territorial un proxecto para a instalación dunha depuradora de residuos, para a súa inclusión no Fondo Estatal de Infraestructuras (FEIL), cun orzamento aproximado de 25.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya
PRÓXIMA TEMPORADA
Dos cromos azulones más en el Ourense CF