ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
EN OBRAS
O PSdeG reclama ó Concello de San Amaro que deixe a APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) que solucione o problema que xurdiu con motivo das obras de ampliación do mosteiro budista, paralizadas "por non axustarse á licenza concedida, que era de rehabilitación de vivenda tradicional, segundo relata un informe municipal", ao que se refiren os socialistas. Trátase tamén dunha suposta ocupación polo novo edificio dunha pequena parte dun acceso.
Engade este grupo que os veciños de Ventoselo, aldea onde está o mosteiro budista Chu Sup Tsang, denunciaron a situación de indefensión "ante a decisión de actuar con escurantismo e á marxe da lei nas obras de ampliación do mosteiro".
Afirma o PSdeG que "a veciñanza interesada, despois de solicitar reiteradamente acceso ao expediente e que se lle comunicara calquera actuación sobre a obra, puxo o caso en coñecemento da APLU, ó entenderen que o Concello de San Amaro non ten as competencias en materia de disciplina urbanística en solo rústico". Por isto, os socialistas consideran que o goberno municipal debe deixar de usurpar funcións que non lle son propias e remitir o caso á APLU co obxecto de que se resolva esta controversia xerada, "unha vez máis, pola nefasta xestión urbanística do alcalde do PP".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
MÁS DE 30.000 EUROS
Mejoras en la red de suministro de Toscaña
Lo último