Roteiros do Carballiño e Lalín, no Camiño Nós
CAMIÑO A SANTIAGO
Arredor de corenta camiñantes realizaron a terceira etapa que os levou desde a vila do Arenteiro ata O Irixo
Roteiros do Carballiño e Roteiros de Lalín realizaron onte a terceira etapa do Camiño a Santiago da Xeración Nós entre Carballiño e O Irixo con un total de 17 quilómetros.
A xornada partiu de Igrexa da Veracruz, cruzando o río Arenteiro pola Ponte Veiga, seguindo por Madarnás, Esgueva, a Insua dos Poetas e xa no Concello de O Irixo visitaron o Coucieiro, a Capela da Pena da Sela, a Igrexa de Dadín, entrando á localidade do Irixo polas Laxas e rematando na Ponte.
Corenta persoas participaron na actividade que ademais ao remate asistiron á festa gastronómica do Camiño Nós organizada polo Concello do Irixo, onde degustaron ovos con prebe e carne ó caldeiro que foi o menú que xantaron en 1926 Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sanchez e Monxardín na casa do zapateiro do Irixo.
A seguinte etapa será no mes de setembro entre O Irixo e Vilatuxe, no campo da feira dos Carballiños. “Estamos encantados do resultado excelente que estamos obtendo facendo este Camiño a Santiago da Xeración Nós que ten moito que ofrecer”, sinalan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último