FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
seguridad
A Xunta de Galicia ten previsto realizar este luns un novo exercicio de adestramento, que consiste nun simulacro de emerxencia no establecemento implicado no Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Cepsa Comercial Petróleo, en Maside. Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistirá na activación telemática e activación presencial no cadro de control se procede, das sereas, que no caso dunha activación real do Plan serviría como elemento de aviso á poboación, que como primeira medida procedería o seu confinamento á espera de recibir instrucións por parte dos servizos de Protección Civil.
A realización deste exercicio permitirá mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un hipotético accidente, se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do plan de emerxencia exterior. Máis alá desta sinal acústica e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima a planta de Cepsa, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina. O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla