FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
TEATRO
O Carballiño acollerá este sábado, 1 de novembro, a entrega do Premio Tiruleque á mellor obra da XVII Mostra de Teatro Amador, galardón que se dá á mellor obra da pasada edición e que recaeu en “Soño dunha noite de verán”.
O acto contará coa presenza da vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, Susana Reboredo Morilla, e coas directoras da obra premiada, Casilda Alfaro e Sonia Rúa, acompañadas de sete dos actores e actrices que forman parte do elenco.
A entrega do premio terá lugar coincidindo coa representación de A Conspiración da piolla, do grupo Tiruleque, que se celebrará ás 20,00 horas no Auditorio Manuel María. A entrada para a función terá un prezo de 5 euros.
Esta cita dase no marco da XVIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, consolidada xa como un referente cultural no ámbito teatral galego e que, edición tras edición, continúa fomentando a creación escénica. A programación da Mostra continúa ata o vindeiro 9 de novembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada
FESTIVAL MÁXICO SAN JUAN BOSCO
O Carballiño se abrirá a la magia el 30 de enero
Lo último
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
BORRASCA LEONARDO EN OURENSE
El temporal pasa factura en ambos institutos de Xinzo con aulas llenas de agua
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año