Os veciños da Medela apoian que a canceira municipal só acolla animais do Carballiño
A xunta directiva da Asociación de Veciños de Madarnás, parroquia carballiñesa onde se ubica a canceira municipal, solicita que estas instalacións sexan restrinxidas á entrada de animais recollidos na vila do Arenteiro e no rural do Carballiño.
Os representantes veciñais apoian, neste sentido, a postura da concelleira de Medio Ambiente, María José Pérez, que avoga por adicar o canil ubicado no monte de A Medela para cans do municipio, unha vez que o Concello se fixo cargo da súa xestión dende o pasado 1 de xaneiro.
Os directivos da asociación Santo Tomé de Madarnás lembran que ó abeiro dunha asamblea xeral do noso colectivo, xa presentamos o 14 de marzo de 2008 un escrito ante os grupos do goberno e da oposición na Corporación no que plantexamos esta e outra reivindicacións, pero non houbo ningún tipo de resposta. Os vecíños tamén piden que só se leven ó Punto Limpo da Medela os verquidos voluminosos das parroquias do municipio, e que o transporte corra a cargo do Concello e sen ningún tipo de taxa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya