A Veracruz do Carballiño acollerá un enfrentamento de hip-hop
O enfrentamento de hip-hop está organizado pola Concellería de Cultura e un grupo de mozos, e contará con máis de 20 participantes
O Carballiño acollerá o próximo 25 de febrero, na Praza da Veracruz, un espectáculo único onde se enfrontan participantes ó estilo dos regueifeiros usando o hip-hop como ferramenta. Na víspera do Domingo de Piñata e da Festa da Cachucha, ás 17,00 horas, terá lugar un novo evento, un enfrontamento argumental improvisado no que se valora a improvisación, a calidade das rimas, a musicalidade e os recursos literarios. A temática é moi ampla, sobre todo de temas de actualidade.
A organización corre a cargo da Concellería de Cultura en colaboración cun grupo de mozos vinculados a este eido, entre os que destaca Yeray Herrera, un mozo carballiñés chamado a ser un dos grandes MCs de Galicia que , ademáis de participante, é a “Alma Mater” do evento xunto co gran “speaker” Claudinho, que será o condutor do evento.
O periodo de inscricións xa está aberto e se pechará no momento do comezo do evento, polo que poderá facerse presencialmente, pero tamén está habilitado o enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal e a conta de Instagram Carb.Battles . Dende a organización sinalan que xa hai xente apuntada das catro provincias, polo que consideran que pasarán da vintena de participantes de diferentes idades. Tamén salientan que a idea é consolidar este evento na vila e que ademais dos galardóns dos tres primeiros gañadores, todos os participantes recibirán un agasallo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima