Xela Arias pervive na Insua dos Poetas de Carballiño
O IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía adicouse á poetisa galega
Esta mañá, a Insua dos Poetas de O Carballiño acolleu ás o primeiro espectáculo de gran formato que se adica, na provincia de Ourense, á homenaxeada polo día das Letras Galegas, Xela Arias, unha das grandes poetisas galegas. Ela foi a protagonista dun evento musical, poético e circense, deseñado pola compañía de espectáculos culturais Especialistas Hípica Celta. No mesmo tamén participaron dúas mulleres de gran relevancia como son a poetisa Yolanda Castaño ou a actriz Rosa Puga Dávila, nominada aos Premios Goya 2021, como mellor actriz de reparto.
O espectáculo, titulado “Xela Arias en Liberdade: auga, árboles, palabras…”, pon de manifesto a importancia que tivo na Galicia literaria da súa época, sendo un referente e provocando un cambio revolucionario, pero tamén busca captar a atención dos espectadores, dunha forma dinámica, durante os 30 minutos que dura, ao estar pensada para un público familiar. Para elo, se utilizaron diferentes expresións artísticas como a música,o circo, a danza, a poesía ou as artes escénicas.
O evento, organizado pola Fundación Insua dos Poetas, foi de balde e contará coa colaboración do Concello do Carballiño, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?
MANTENERSE INVICTOS
El Ourense CF quiere tres victorias de tres posibles en Segunda Federación
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 19 de septiembre